29 December, 2010


Xornadas formativas "As habilidades sociais como axentes de prevención"

[10:00 - 21/01/2011 20:00] Terán lugar os días 20 e 21 de xaneiro de 2011, en Santiago de Compostela cunha duración total de 14 horas.

Podedes facer a preinscrición no seguinte formulario


Un manexo axeitado das habilidades sociais implica mellores capacidades de actuación en situacións de interacción social. As anteditas capacidades poden mellorarse a través da aprendizaxe, mediante adestramentos e técnicas orientadas á adquisición de condutas máis eficaces. Na educación para a saúde a utilidade das habilidades sociais como estratexia en calquera contorno formativo favorecerá a prevención, e facilitará o cambio e a promoción de estilos de vida saudable. Neste sentido, dende o Consello da Xuventude de Galicia entendemos a importancia e utilidade do manexo de habilidades para a vida, que permitan afrontar influencias sociais, adoptar actitudes críticas e mellorar as competencias das persoas e, polo tanto, da comunidade.

FINALIDADE: 
Presentar e analizar a utilidade do manexo de habilidades sociais como recurso socioeducativo na promoción de estilos de vida saudables, asi como no campo da prevención das drogodependencias.

OBXECTIVOS: 
1) Analizar contidos e conceptos básicos sobre habilidades sociais ou habilidades para a vida
2) Contribuír e enfatizar a importancia e coñecemento das habilidades sociais como estratexia para a prevención en saúde
3) Facilitar a incorporación das habilidades para a vida na educación como factor de protección ante as drogodependencias

DATAS DE EXECUCIÓN: 
Xoves 20 e venres 21 de xaneiro de 2011
Horarios: mañá de 10:00 a 14:00 h e tarde de 16:00 a 19:00 h

INSCRICIÓN 
Podedes facer a preinscrición no seguinte formulario
Data límite de inscrición 16 de xaneiro de 2011 
DURACIÓN TOTAL DA ACTIVIDADE 
14 horas

LUGAR DE REALIZACIÓN 
Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Santiago de Compostela

CONTIDO: 
o Que son as habilidades sociais e para que se utilizan.
o A importancia da intelixencia emocional na conduta asertiva.
o Características evolutivas dos/as pre-adolescentes e adolescentes.
o Habilidades para a vida como factor de protección na xuventude.
o Estratexias de intervención no adestramento en habilidades sociais con adolescentes de cara á promoción de hábitos de vida saudables.
o Intervencións eficaces e intervencións non eficaces.
o Desenvolvemento dos programas de adestramento en habilidades sociais.

METODOLOXÍA: 
Exposición teórica do contido, combinada con metodoloxía interactiva potenciada a través do traballo grupal. Favorecerase unha dinámica vivencial e experiencial.

IMPARTE: 
CHISEM: asociación para a prevención e intervención psicolóxica

PERSOAS DESTINATARIAS: 
Grupo máximo de 30 persoas. Na selección do grupo de participantes terán prioridade aquelas persoas que conten con colaboración ou experiencia asociativa.

ORGANIZACIÓN, INFORMACIÓN E INSCRICIÓN 
Consello da Xuventude de Galicia
Rúa Doutor Teixeiro, 26 - Baixo
15701 Santiago de Compostela
Tel.: 981 569 560
Fax: 981 563 488
info@cxg.org

www.cxg.org
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

0 comentarios:

AddThis