21 January, 2012

A Conselleira de Sanidade destacou a figura de Julio Portela e o seu traballo a prol das persoas con trastornos aditivos e as súas familias

image A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, asistiu hoxe pola mañá ao acto de homenaxe a Julio Portela Ceballos, un dos fundadores de ACLAD (Asociación Cidadá de Loita contra a Droga), e do que destacou a súa dedicación ás persoas e familias afectadas pola problemática das adiccións. Esta asociación ten concedido, por parte da Consellería de Sanidade, 1,6 millóns de euros para o presento ano, para que poida continuar a desenvolver o seu labor.

Ata o seu falecemento, -remarcou a conselleira-, Julio Portela, colaborou intensamente axudando e aconsellando a todos os que o precisaron, sendo moitos anos de traballo co obxectivo de acadar unha maior calidade de vida para aqueles que padecen trastornos adictivos así como ás súas familias. Ao longo deste tempo, a titular da carteira sanitaria destacou o compromiso e apoio da Consellería de Sanidade, así como o traballo conxunto.

Liñas de traballo

As liñas de traballo que Sanidade está a desenvolver no campo dos trastornos adictivos, -dixo a conselleira-, están centradas no desenvolvemento e implantación do circuíto de asistencia sanitaria a esta problemática en Galicia, que se puxo en marcha en xuño do pasado ano. Así, a necesidade de acceso dos profesionais sanitarios á historia clínica electrónica do Sergas é xa un feito na maioría das unidades, permitindo, tamén, a prescrición electrónica e o acceso ás probas complementarias realizadas, o que evita citas innecesarias e a mellora na atención.

Ademais, trabállase no desenvolvemento de sistemas e de rexistro comúns, para o que se está a promover o concurso público da nova aplicación XECEAS WEB, que permitirá a xestión de citas a través de aplicativos do Sergas, o acceso completo á historía clínica electrónica, así como a integración dos sistemas de información no ámbito da Administración sanitaria galega.

Ademais, seguirase no camiño emprendido da potenciación da formación e actividades investigadoras de xeito conxunto cos servizos de atención de atención primaria e saúde mental, entre outras accións.

Tamén dixo Rocío Mosquera que deberanse promover entre todos novas formas de xestión, buscando sinerxias que permitan seguir mellorando a atención aos pacientes cun trastorno adictivo. Neste contexto, as distintas asociacións deben facer un esforzo para unificar os criterios de atención e potenciar os seus recursos, remarcou a conselleira-.

Asistencia en Galicia

Actualmente en Galicia están en funcionamento 17 unidades asistenciais de Drogodependencias subvencionadas polo Sergas, delas, 13 estás xestionadas por concellos e 4 por asociacións sen ánimo de lucro (Aclad Coruña, Alborada Vigo, Asfedro Ferrol, e Cruz Vermella Lugo). Tamén presta asistencia a drogodependentes a Fundación Monte do Gozo mediante o Programa terapéutico-educativo Proxecto Home. Ademais, hay catro asociacións que prestan asistencia principalmente a pacientes con dependencia do alcohol en unidades asistenciais situadas en Ferrol, Ourense, A Coruña e Vigo.

A xestión da rede asistencial de trastornos adictivos baséase no modelo de xestión integrada que se está a implantar no Sergas, e que facilita que a integración funcional sexa hoxe unha realidade.

Neste modelo, -destacou a conselleira-, a rede asistencial de trastornos adictivos traballa cos servizos de atención primaria e os de saúde mental, conseguindo unha sinerxia que contribúe a unha mellor e maior prestación para o cidadán.

Asemade, nesta situación de crise económica, Rocío Mosquera destacou o compromiso do seu departamento coa eficiencia na xestión, en todos os ámbitos, partindo sempre do principio de mantemento da garantía das prestacións e da súa mellora.

Sinalar, por último, que o número total de pacientes atendidos en 2010 en toda Galicia na rede asistencial de trastornos adictivos foi de 13.725, dos que 4.284 eran novos pacientes. Pola súa banda, deses 13.000 pacientes, ACLAD atendeu 2.085, dos que 670 eran novos pacientes.

Fuente: http://saladecomunicacion.sergas.es/Paginas/DetalleNova.aspx?idioma=es&IdNova=7178 

Fecha: 20 de xaneiro de 2012.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

0 comentarios:

AddThis