22 November, 2007

O programa GALIA (Gestión, Acción, Liderazgo, Investigación e Apoio), estase a celebrar tamén nas comunidades de Madrid, Valencia e Castilla a Mancha, coordinadas as catro pola fundación de Educación para a Saúde (FUNDADEPS), do Hospital Clínico San Carlos de Madrid:-Gestión dos recursos, materiais, humáns e técnicos existentes, facilitando a súa información, o seu coñecemento e a súa distribución. A Xestión da Información é básica para o desenrolo do Proxecto.-Acción dos/das xoves que lles leva a asumir o seu protagonismo como Axentes de Saúde, xa que son eles os que intervendrán directamente entre os seus iguais facilitando con estas accións, un efecto de cascada.-Liderazgo dos Axentes de Saúde. Líderes xuvenís, cunha formación específica en Ciencias Sociais e da Saúde. Dende ese liderazgo (en ONG´s e Asociacións Xuvenís) o traballo entre iguais suporá potenciar as accións preventivas e os estilos de vida saudables.-Investigación como un dos eixes básicos do Proxecto. De tal modo que a partir dos datos recopilados a través das intervencións directas dos Axentes de Saúde, poderemos levar a cabo estudios de prevalencia que nos permitirán obter unha “fotografía“ dos parámetros máis directamente relacionados cas ITS e o VIH/SIDA, ao menos no que a sexo, idade, conductas, usos, estereotipos, etc se refire.-Apoio á Rede Nacional de Axentes Xoves en Educación para a Saúde e apoio ás ONG´s e Asociacións xuvenis que traballan en VIH/SIDA, xa que un dos obxetivos do Proxecto e traballar en Rede con estas organizacións, pero tamén apoiar a labor de aqueles e aquelas xoves que as integran e que cumplen un papel promotor no desempeño de estratexias de prevención.

O Programa GALIA está estructurado en 3 Fases e todos nos podemos participar nestas:Fase de Difusión-Información, entre tódolos colexios, ONG e asociación que traballen con mozos galegos, interesados na prevención da infección do VIH:-. Divulgar o Programa entre o movimento asociativo xuvenil e a través da Rede Nacional de Axentes de Saúde de Galicia.-. Recoller as experiencias que sobre VIH-SIDA, se están desarrolando en Galicia.Os obxetivos reais e visibles do programa GALIA que pretendemos que conseguir son: -. Incrementar as fontes e o acceso á información dos xoves.-. Potenciar a súa capacidade para transmitir o coñecemento entre os seus iguais.-. Formar aos xoves (efecto cascada) de cara a diminuir as súas conductas de risco.-. Conseguir chegar a 900 beneficiarios (xoves entre 16 e 30 anos)-. Dinamizar aos Pajeps de GALICIA para que realicen intervencións en VIH/SIDA.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

0 comentarios:

AddThis