03 February, 2010
SEMINARIO: “BLOGS E SAÚDE”. 18 de febreiro de 2010.
O seminario estará impartido por EVA TIZÓN BOUZA, enfermeira da Área Sanitaria de Ferrol. Coordinadora do Programa GALIA-GALICIA e Administradora web dos blogs: Enfermería Avanza (http://enfeps.blogspot.com/), Enfermaría Galega Integral (http://www.blogoteca.com/enfergal/) e Programa GALIA (http://programagalia.blogspot.com/), e coordinado por David Saavedra Pino.
Os contidos irán sobre a creación dun blogue, a creación de contidos e ferramentas que se poden utilizar nos mesmos.
O lugar de impartición será a aula de informática do IES Virxe do Mar, que estará debidamente sinalizada. O horario será de 16:00 a 20:00 h.
As persoas interesadas en asistir poden solicitar información o inscribirse no teléfono: 609.82.31.34 ou no email: infodrogas@gmail.com
Debido a importancia que teñen as TICs con relación a difusión da información, colaboración e moderación nos contidos, estrategias de dinamización, aplicacións e ferramentas, contacto có usuario, reputación social da nosa asociación,… este seminario será interesante para todas aquelas persoas e entidades que queiran millorar a súa presenza na rede.
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
0 comentarios:
Post a Comment