Presentada a iniciativa no Día Mundial sen Alcol. Entre as actividades, a desenvolver durante un ano, haberá obradoiros de hábitos saudables, seminarios, campañas de sensibilización e unha web.
Ribeira, 15 de novembro de 2011.- Os concellos de Ribeira e Noia, en alianza coa Asociación Antidroga "Renacer" van promover nos próximos 12 meses un Programa de Prevención do Uso e Abuso de Alcol na Mocidade, cos obxectivos de potenciar a comunidade como axente preventivo no consumo e abuso desta substancia, especialmente en menores, así como sensibilizar sobre os riscos do seu consumo temperá e no papel que ten a comunidade na redución dos riscos.
Os concelleiros de Sanidade de Noia e Ribeira, María Domínguez e Vicente Mariño, xunto coa presidenta de Renacer, María González, e as técnicas desta entidade María José Iglesias e María del Pilar Quintela, déronse cita na Casa Consistorial de Ribeira na xornada de hoxe, na que se conmemora precisamente o Día Mundial Sen Alcol, para explicar as grandes liñas da iniciativa, que nace a raíz da recente Lei Galega de Prevención do Consumo de Bebidas Alcólicas en menores de idade, que puxo en man das entidades locais e organizacións de prevención de adicións o pór en funcionamento unha serie de medidas encamiñadas a diminuír a prevalencia e incidencia do consumo de alcol e os episodios de intoxicación etílica en menores.
Públicos obxectivos
Segundo declarou María González, a media de idade á que a sociedade se inicia no consumo de alcol está nos 14 anos, cando o cerebro humano está en formación ata os 21, cos conseguintes danos ocasionados. De aí a importancia de promover un programa como este, que contempla distintas actividades multidisciplinares dirixidas distintos públicos obxectivos: menores de idade e mocidade en xeral, pais e nais de rapaces, comunidade educativa, establecementos dispensadores de alcol (en especial de hostalería e ocio nocturno), forzas de seguridade cidadá e poboación en xeral.
Ente as actividades que se barallan figuran, no que atinxe ao ámbito educativo, o desenvolvemento de hábitos saudables e prevención do consumo de alcol, campañas de sensibilización, reparto de material informativo,.... Polo que respecta ao ámbito familiar, seminarios informativos, servizo de información e asesoramento ou o reparto de material informativo e preventivo específico. E en canto ao ámbito comunitario, campañas de sensibilización, xornadas multiprofesionais, creación dun espazo web de información e consulta e outras accións coordinadas con establecementos dispensadores de alcol, forzas de seguridade, asociacións culturais e comités de festexos.
Previamente a implantación de todas outras actividades realizarase un análise de situación acerca do uso e abuso de alcol nesta zona.
Tanto o edil Vicente Mariño como a súa homóloga María Domínguez quixeron animar á poboación a que se involucre nesta iniciativa para asegurar o seu éxito.
Fuente: http://certo.posterous.com/ribeira-e-noia-os-concellos-unense-a-renacer (Texto y fotos: CERTO XORNAL).
15 November, 2011
Subscribe to:
Post Comments (Atom)
0 comentarios:
Post a Comment