22 October, 2011

UGT-Galicia celebrou en Santiago unha xornada sobre a prevención do consumo de sustancias psicoactivas no traballo.

O 20 de outubro de 2011, Santiago acolleu a xornada técnica sobre o consumo de sustancias psicoactivas no eido laboral, organizada por UGT-Galicia, e na que participaron, entre outros, o secretario de Saúde Laboral e Medio Ambiente de UGT-Galicia, o secretario xeral de UGT-Compostela e a responsable confederal de Prevención de Drogodependencias da Secretaría de Saúde Laboral.

Tamén participaron con varias ponencias o responsable da Inspección de Traballo na provincia de Pontevedra, o director xeral de Relacións Laborais da Consellería de Traballo, o xefe da sección de recoñecementos e analítica do centro do ISSGA en Ourense, a directora da Unidade de Sistemas de Información e Documentación Adxunta do Plan Nacional sobre Drogas e o enfermeiro do traballo do servizo de prevención propio de Renfe.

UGT insiste en que as drogodependencias no lugar de traballo deben ser tratadas como unha cuestión de saúde. No mundo laboral existen determinados factores de risco que, de non corrixirse, poden potenciar o consumo de drogas entre as persoas traballadoras. A sobrecarga de traballo, a tensión e os ambientes insalubres son exemplos significativos, entre outros moitos, dos factores que poden inducir ao consumo de sustancias. É importante que as empreas consideren a necesidade de previr e tratar os riscos asociados á dependencia do alcol, as drogas e os medicamentes. Hai que analizar e ter en conta os efectos que provoca o consumo de sustancias por parte dos traballadores como outro risco laboral máis á hora de desencadear posibles accidentes laborais.

As accións en materia de drogodependencias nas empresas deben estar inmersas dentro dun Plan de prevención e rehabilitación. A formulación sindical para solucionar este problema precisa da creación de climas saudables na empresa; dunha negociación colectiva eficaz; e da participación sindical nos recoñecementos médicos da vixilancia da saúde.

Ademais, esta xornada aproveitouse para presentar a Guía sindical de prevención do consumo de sustancias psicoactivas no eido laboral, elaborada por UGT-Galicia.

Fuente: http://www.ugtgalicia.org/cont.php?id=4fa53be91b4933d536748a60458b9797

NOTA: Cuelgo el post desde la fuente original después de corregir duplicidades y algún error que tenía, con respecto a la guía por el momento, no aparece colgada en la página o no la encuentro. Con respecto a la realización de la jornada me enteré por un medio de comunicación (La Voz de Galicia) porque no nos ha llegado noticias por otros medios y eso que está co-financiada por la Consellería de Traballo.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...

0 comentarios:

AddThis